pueril

Propio de nenos, en canto que carece da madurez propia dun adulto

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o termo latino puerilis ‘infantil’.

Exemplos *

“Pareceulle excesivamente pueril a resposta de Happy, pero Lois non dixo nada.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

“Xa á noitiña a voz pueril e diáfana rompeu a quietude da casa.” (María Xosé Castelo Lestón: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / O Carteiro, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.