pulmoeira

Enfermidade pulmonar

Etimoloxía

Palabra patrimonial creada sobre “pulmón” que vén do equivalente latino pulmone.

Exemplos *

“Eu puxérame a esbirrar facía un bo anaco, coma si me estivera vindo un constipado, e foi eiquí cando dixo o Milhomes: —«Sacade a roupa e poñédea a secar. Se vos quedades con ela posta aínda vades a coller unha pulmoeira con tanta auga coma vos caíu enriba».” (Eduardo Blanco Amor: A esmorga, 1959)

“Algo escampou e o Crino de Xei e Ismael da Pedra van busca-las bestas. (...).

—Esa señora Isolina tenche pulmoeira.

—¿Que me dis ?

—O que oes. A ver se hai sorte e non é das crónicas. Achéganse á corte e observan a egua.” (Anxo Angueira: Pensa nao, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí