Órgano par, esencial do aparato respiratorio dos vertebrados, agás os peixes, situado na caixa torácica e onde ten lugar a toma de osíxeno e a eliminación de anhídrido carbónico.
Etimoloxía
Procede do termo latino pulmo, –onis de igual significado.
Exemplos *
"E un día: escaleiras, fractura de cranio e tres costelas cravadas nun pulmón." (Samuel Solleiro: Dz ou o libro do esperma"
"Riu e berrou a todo pulmón, abandonando despois o lugar." (Úrsula Heinze: Rodolfo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.