pulmonía

Inflamación aguda do pulmón.

Etimoloxía

Creación sobre o termo pulmón que chega do vocábulo latino pulmo, –onis co mesmo significado.

Exemplos *

"O que estás é empapado -dixo Martiño-, vas coller unha pulmonía." (Ledicia Costas: Unha estrela no vento)

"Supoño que pretendía saber se o noso era un catarro ou unha pulmonía." (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.