pulseira

Aro ou cadea que se pon como adorno ao redor do pulso, do tornecelo, ou para suxeitar o reloxo ao pulso.

Etimoloxía

Deriva de pulso, tomado do latín pulsus, -us, que significaba, entre outras cousas, ‘impulso’.

Exemplos *

“Para resolver o caso soamente conto con tres obxectos: un billete de tren, unha pulseira cunha inscrición árabe e unha noticia tirada dun xornal estranxeiro.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

“Posiblemente tiraches co reloxo ou coa pulseira, ou pode que cuspises a dentadura postiza.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.