Felino de gran tamaño propio de América, coa cabeza pequena e ancha, patas fortes, rabo longo e groso e pelame de cor parda
Etimoloxía
Adaptación da lingua quechua puma.
Exemplos *
“Todos, resultaban xente de mal cabalgar naquelas pampas tesas, reino do puma veloz, asasino de ovellas.” (Xavier Alcalá: Latitude austral, 1991)
“Na cultura quechua do Perú a triloxía de animais sagrados e míticos está composta polo puma, o cóndor e a serpe.” (Luís Giadás: O Correo Galego, 26-05-2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.