punteiro

Barra de ferro terminada en punta, que utilizan os canteiros, albaneis, ferreiros etc., para furar, picar ou facer marcas.

Etimoloxía

Pode ser un derivado de punta ou de punto, que son a evolución de voces latinas creadas a partir do verbo pungere 'picar'.

Exemplos *

"Desde 1979 repenica o son das macetas e dos punteiros sobre os bloques de pedra das instalacións da Escola de Canteiros de Pontevedra." (Severino Penelas: Tempos Novos 1997-07)

"Aínda estou a oír os repeniques dos canteiros batendo as súas macetas contra os punteiros, un ano e outro, centos de canteiros apousados no chan compostelano arranxando e asentando pedra a pedra." (Anxo Tarrío: O Correo Galego 1999-05-31)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.