Cualificar por medio de puntos.
Etimoloxía
A base sobre a que se formou esta palabra está no latín punctum, -i 'picada, ferida coa punta' ou 'sinal'.
Exemplos *
"Os pais están bastante satisfeitos coa súa propia implicación na educación dos fillos (máis as mulleres que os homes), xa que se puntúan cun 4,1 sobre 5." (Galicia Hoxe 2009-04-24)
"Os cursiños serven para puntuar nos baremos, penalizando os galegofalantes reais que non os teñen." (Manuel Cao: A Nosa Terra 2009-03-12)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


