pupilo, -a

Persoa que recibe ou recibiu instrución doutra ou que goza da súa protección ou predilección

Etimoloxía

Voz que vén do latín pupillus, diminutivo de pupus 'neno'; a forma feminina pupilla significa 'nena', 'orfa menor de idade' ou ‘meniña do ollo’.

Exemplos *

“O profesor Roy Boland, director do Centro de Estudios Galegos daquelas inmensas illas, visitou estes días a comunidade autónoma acompañado de vinte pupilos e profesores para coñecer algúns dos centros máis importantes do patrimonio artístico e cultural de Galicia.” (E.C.: O Correo Galego, 9-2-1996)

“Tivo que espertar cando aínda non dera adormecido de todo, segundo lle pareceu, reclamado pola entrometida patroa, que non quería baixo ningún concepto que os seus pupilos latasen, pola fe que lles debía a seus pais.” (Darío Xohán Cabana: Vidas Senlleiras / O fuxidor, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.