pupitre

Mesa de madeira coa tapa en forma de plano inclinado que se emprega para escribir nas escolas

Etimoloxía

Préstamo do francés pupitre de significado semellante.

Exemplos *

“Fixeime nela e esta devolveume a mirada como pedindo unha explicación a aquela estraña situación que a levara dun pupitre de colexio a introducir munición na carcasa dos proxectís.” (Alberto Canal: O amor nos escuros días de Birkenau, 2016)

“Chegara de Senegal cando tiña seis anos e a mestra puxéraos de compañeiros de pupitre. Desde entón fixéranse inseparables.” (Ledicia Costas: Neve detrás do cristal, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.