puré

Caldo espeso que se fai con verduras ou legumes cocidos e esmagados.

Etimoloxía

Tomouse do francés purée, derivada do verbo purer ‘purificar’, que remite ao latín purus ‘puro’.

Exemplos *

“Atribúese ós monxes de Sobrado a receita do lombo de corzo mechado con xema de ovo, touciño, puré de chícharos e cebola.” (Xavier Castro: Galicia Hoxe 11-02-2005)

“Ese ano tamén, en febreiro, naceu Adela, que non quería comer o puré de verduras.” (Berta Dávila: A arte do fracaso)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.