purgatorio

Lugar onde se padecen penalidades / Lugar onde as almas dos que morren na graza de Deus acaban de purgar os seus pecados antes de ir ao ceo

Etimoloxía

Denominación que nos leva ao latín tardío purgatorius 'que purifica'.

Exemplos *

“Teño medo, señor. Sinto no ar algo que vai chegando. ¡Non o quero dicir! Penso que eu, probe vella meio tolleita, inda non rematei o meu Purgatorio. Sinto nos beizos un gostar de sangue. ¡Polo que máis queira, pola súa nai, señor, non cave no monte de Medelo!” (Ramón Otero Pedrayo: A Lagarada, 1928)

“Talvez queira vostede ofrecer uns responsos polas súas almas. −Se cadra cómprelles esa axudiña para deixar o purgatorio. Debía ser xente ruín, porque envelenaron a terra.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.