Po moi fino que se obtén do bronce ou dun metal branco e que serve para tornar dourado ou prateado un verniz ou pintura
Etimoloxía
Palabra que se relaciona coa francesa purpurine de significado semellante.
Exemplos *
“Mentres a purpurina glam e as maquillaxes after punk eran a máscara baixo a que se agochaban músicos de "clase bien", que vivían dende a desafección os problemas da xuventude da Transición, na Movida viguesa a exportación da caligrafía punk e post punk británica tivo un efecto diametralmente oposto.” (Marcos Blanco Gendre: Luzes, 6-2018)
“Mentres que o carnaval noutras latitudes adoita ser un desfile de estética superficial e purpurina, o noso entroido é unha explosión de identidade, resistencia e retranca.” (Bieito Romero: La Voz de Galicia, 27-1-2026)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


