purrela

Viño frouxo e de baixa calidade ao que se lle engadiu auga durante a fermentación.

Etimoloxía

Considérase que se creou a partir dunha forma antiga purria, voz de orixe incerta que denominaba algo de mala calidade.

Exemplos *

“Non estaba afeito. Só auga e, cando as feiras de Abadín, as San Lucas, as de Vilalba... mollaba a palabra dos tratos con garnacha ou purrela. Nunca viño cantador.” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)

“Dille a María de Constante que lles sirva unha rolda de purrela aos compañeiros que xa lla pagarei cando me devolvan a liberdade.” (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.