quecemento

Acción e efecto de quecer

Etimoloxía

Palabra derivada do verbo “quecer” cuxa procedencia está no latín calescere de significado semellante.

Exemplos *

“Estudos efectuados no ano 2003 por científicos norteamericanos (...) indican que está producíndose un quecemento global na Terra, ocasionando, entre outros aspectos, un esgazo dunha extensa plataforma de xeo no Ártico.” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)

“O progresivo quecemento, a degradación dos bosques, a eliminación da diversidade biolóxica... Todo era coma unha bóla de neve que seguía a rodar monte abaixo, cada vez máis grande, cada vez máis veloz, e que semellaba imposible de parar.” (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.