quefir

Leite fermentado artificialmente que contén ácido láctico, alcohol e ácido carbónico

Etimoloxía

Préstamo do ruso kefir, denominación propia do produto.

Exemplos *

“Como outros leites fermentados (kéfir, kumis, nata fermentada) o iogur procede dos Balcáns.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

“O quefir, elaborado con leite de vaca, é coñecido como iogur búlgaro e as súas orixes sitúanse na zona do Cáucaso.” (Redacción: Consumer Eroski, 10-02-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.