Crustáceo da orde dos decápodos coa cuncha cuadrangular lixeiramente máis ancha ca longa, de cor amarelenta ou acastañada
Etimoloxía
Palabra composta polo verbo “queimar” que provén da forma *caimare que bebe do termo do latín clásico cremare de significado idéntico e o substantivo “casas” do latín casa ‘cabana’.
Exemplos *
“A aldea tiña o Mar Grande, grande area aberta de ondas ruxidoiras, con entretidas rochas, furnas e, en marea baixa, moitas pozas morada de caranguexos, queimacasas, transparentes camaróns e cabezudos lorchos, obxecto dos nosos safaris mariños; e tiña tamén o Mar Pequeno, chaira de area e lama, sen ondas nin turistas.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“Comezaban a chegar por invasións á ría, ameazando as existencias de xoubas e nécoras en tabernas e furanchos, aniquilando sen tregua nos días de sol toda canta fauna enxebre pulula por praias e rochedos —incluíndo ata a máis agochada das lapas e dos caramuxos e o máis miserento dos queimacasas—.” (Jacobo Barros: Os ausentes de Castellón, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.