queiroa

Arbusto da familia das ericáceas do que existen varias especies, que pode chegar a alcanzar un metro de altura, de follas perennes e lanceoladas, con flores pequenas en acio de cor púrpura, rosada ou branca

Etimoloxía

Crese que a súa orixe é prerromana.

Exemplos *

“Coñecía as covas dos barrancos , ocultas pola maleza. Ela sabíalle os ocos por donde escurrir o seu corpo escuálido, sen rascarse cos toxos e as queiroas que disimulaban a entrada.” (Mª Xosé Queizán: O solpor da cupletista, 1995)

“-Cruzando aquel rego hai unha cova -dixo Marcos, sinalando para unha encosta cuberta de xestas e queiroas.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro/ A morte na arca, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.