queixaría

Establecemento no que se fabrica ou vende queixo

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre “queixo” que vén do latín caseus.

Exemplos *

“Cortiza fina e elástica, cor amarela intensa, textura brillante e lisa, a pasta ten uns tons uniformes, entre branco marfil e amarelo pálido. Estas son as características do queixo Arzúa que elaboran en Pantiñobre, na comarca de Arzúa. Unha queixaría que leva vinte e sete anos fabricando queixo Arzúa e de Tetilla." (Noelia Gómez: Sermos Galiza, 9-2-2017)

“Nas excursións non estaba permitido nin coñac nin pedras de azucre, que eran, dicía el, “cousa da cafres”. Tampouco estaba permitido parar a merendar nas queixarías, pois era unha cafrada.” (Natalia Ginzburg: Léxico familiar, 2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.