queixeira

Recipiente, xeralmente con tapa de cristal, que se utiliza para gardar e conservar o queixo.

Etimoloxía

É un derivado a partir do substantivo queixo.

Exemplos *

"… ós poucos, ía tomando forma de queixo. Unha vez que o mol abrancazado repousaba na queixeira adquirindo corpo final, Elba apagaba o candil e subía os chanzos que afastaban a cociña do sobrado …" (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre)

"Na Fraga da Lata (Ordes) enterrou un home todo o ouro dun saco metido nunha queixeira, unha cazola do queixo." (Xoán R. Cuba, A. Reigosa e X. Miranda: Diccionario dos seres míticos galegos

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.