queixo

Alimento que se obtén callando o leite e separando a parte líquida.

Etimoloxía

A nosa denominación procede lo latín caseus, -ei.

Exemplos *

"… ao par que bebía, comía tamén un codelo de pan e un anaco de queixo …" (Xosé Fernández Ferreiro: A saga dun afiador)

"… apareceron un bolo de pan de trigo, unha fonte cunha zarapallada de leituga, un queixo enorme do país e outra fonte chea de toradas de pescada fritida." (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.