queixume

Expresión de dor mediante choros, sons ou palabras

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “queixa” que remite a “queixar” que procede do latín *quasssiare <quassare ‘golpear con violencia’.

Exemplos *

“Á espera de que alguén puidese pasar. Ou, quen sabe, sentíndose derrotado, quizá á espera da morte. –Triste sino o meu, laiábase Lourenço cun queixume xordo e tan débil que non daba saído da súa gorxa.” (Manuel Portas: Lourenço, xogar, 2017)

“Se os debuxos e cadernos de Antonin Artaud falasen desprenderían un ouveo de dor, un queixume de sufrimento e desacougo que foi o que conduciu a vida deste xenio maldito, enfermo e tolo.” (Redacción: Galicia Hoxe, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.