Peixe mariño da subclase dos elasmobranquios, de corpo fusiforme, boca ventral, arqueada e provista de varias filas de dentes cortantes, do que existen distintas familias e arredor de trescentas especies, algunhas delas de gran tamaño
Etimoloxía
Crese que a palabra podería proceder do latín canicula que é o diminutivo de cane ‘can’.
Exemplos *
“Eu asusteime, pensei que podía ser unha quenlla ou calquera outro peixe de gran tamaño, recollín as liñas e pedinlle que volvésemos á casa.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)
“Sentiu o medo aos piratas do golfo de Tonkín; a incerteza na calma equívoca que precede aos tifóns de Rangín; navegou algo encollido nas augas infestadas polas feroces quenllas do mar de Roló.” (Ángel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra / O 21, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.