quietude

Calidade ou estado do que está quieto, calmo, tranquilo etc.

Etimoloxía

Palabra de procedencia culta desde o latín quietudo ‘repouso’.

Exemplos *

“Estaba soa e durmía, era de madrugada. A luz devolveulle a quietude silenciosa dos obxectos.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Xulia tiña razón, 2014)

“Co mal tempo o mar bruaba sen descanso. Na quietude da noite ás veces espertaba coas ondas que parecían bater contra a propia casa. O cheiro a salitre enchíao todo.” (Anabel Alonso López: Café só / Stella, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.