quimera

Idea que un forma de algo ou cousa que un imaxina como posible pero que non ten relación coa realidade

Etimoloxía

Substantivo que chega desde o latín chimaera, pero que se remonta ao grego chímaira ‘monstro mitolóxico’.

Exemplos *

“Na quimera das túas mans / veume un espanto da infancia: / son xuíz dos nosos actos. / Agora acaso / de min poderei cambialos.” (Xela Arias: Tigres coma cabalos, 1990)

“Le Journal de París escribiulle unha necrolóxica que resumía con acerto o espírito da súa arte: "Busca a realidade, desprezando as ficcións e quimeras que falsean as ideas e destrúen as mentes. Pon a realidade patas arriba no nome da verdade."” (Pedro García Luaces: Luzes, 12-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.