química

Ciencia que estuda a constitución, transformación e combinación de substancias.

Etimoloxía

O nome procede da forma do latín medieval chimia, a partir do árabe al-kimia 'pedra filosofal'.

Exemplos *

"Disque, por tradición, as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía obrigatoriamente en castelán…" (Nel Vidal Barral: A Nosa Terra 04-11-2010)

"Precisamente hoxe que o profesor de Química falaba da actualidae do ditoso polonio nos medios de comunicación, por mor de non sei que asasinato entre espías e servizos secretos á máis rancia usanza dos anos da Guerra Fría entre as potencias dominantes." (Xosé Alfredo Naz Fernández: Círculo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.