Lámpada provista dun depósito de combustible e un tubo de vidro dentro do cal se produce a chama.
Etimoloxía
Chegou do francés quinquet e proponse que a súa orixe estea no nome da primeira persoa que o fabricou.
Exemplos *
"Disque na illa hai un lobo, conta dona Lucinda unha noite, os ollos enterrados na calceta, nas agullas que brillan como coitelos ó resplandor do quinqué." (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas)
"Quixen disparar contra o quinqué por matar a luz e defenderme coas tebras, fuxindo ás catro patas coma os gatos ata o curral pero non podía remexerme con dez mans que me agarraban." (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.