Propiedade rural composta de casa e terreo de labranza ao redor
Etimoloxía
Hai estudosos que cren que o vocábulo remite ao latín quintana ‘pequeno mercado no campamento’, porén Corominas aventura que garda relación con quintus, un imposto consistente na entrega da quinta dos froitos dunha propiedade arrendada, que logo pasou a designar o lugar.
Exemplos *
“Chamábame moito atención cando iamos polo camiño da Mahía, seica preto de Vidán, unha quinta que había alá no fondo, rodeada de árbores, cun gran xardín, á beira dun riacho no que se vía atracada unha barquiña.” (Marga Romero Lorenzo: “Viaxar para aprender. Os novos e a súa formación: Lois Tobío” en Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)
“Antes de que eu puidese deter o motor, o secretario de dona Isabel achegouse á miña xanela para suxerir que, tendo en conta que ía pasar xa o día enteiro dentro da quinta, talvez fose máis indicado que deixase o meu carro nos garaxes.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.