rabecha

Enfado propio dos nenos e das persoas caprichosas, que se exterioriza a través de choros, saloucos, berros e outros acenos, e que polo xeral dura pouco tempo

Etimoloxía

Palabra derivado sobre "rabia" que procede do latín rabies de significado semellante.

Exemplos *

“É que hoxe no teatro xa non se botan tomates, ¡aínda que eu reivindico o dereito ás rabechas! Se o fago mal un día, pois mira, ( os espectadores ) á fin e ó cabo, pagaron a súa entrada.” (Mar Guerra: O Correo Galego, 21-2-1995)

“Dígolle, don Emilio, que nunca estiveran de tan mal xenio. Nunca. Houbera algunha que outra rabecha, máis ou menos como en calquera, quen libra diso.” (Euloxio R. Ruibal: De corpo enteiro / Abur, pequeno, abur, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.