Instrumento musical con tres cordas de son agudo que se tocan cun arco
Etimoloxía
Vocábulo que tomamos do árabe hispánico rabáb, e este remite ao clásico rabāb.
Exemplos *
“O espectador vai aprender moitas cousas que seguramente descoñecía da historia do folclore galego: instrumentos tan curiosos como a folla de hedra, o rabel ou a gaita de barquín.” (AA.VV.: Galicia Hoxe, 20-3-2007)
“Cando rematou a súa ladaíña acendéronse de novo as candeas e uns músicos con rabeis e violíns, que entraran ó socaire da escuridade, cantaron unha canción orixinal do segrel Xil Vasco.” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


