Ferida superficial na pel, feita coas uñas ou cunha cousa afiada.
Etimoloxía
Créase a palabra a partir da forma feminina do participio pasado do verbo rabuñar.
Exemplos *
"O corpo pode desintegrarse e reintegrarse no outro extremo do universo sen unha rabuñada, pero a súa alma non logrará seguilo." (Antón Lopo: Ganga)
"Coa calma da noite somnolenta, continuou desangrando, rabuñada a rabuñada, a morna carne do recordo." (Xaime Domínguez Toxo: Contos da Baiuca)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.