rabuñar

Causar feridas superficiais na pel pola acción dunha cousa afiada, especialmente as uñas

Etimoloxía

A palabra parece que ten unha orixe incerta crese que pode estar relacionada co portugués rabugen ‘sarna’ que, á vez, remite ao latín robigo ‘ferruxe’.

Exemplos *

“Na última semana, a prensa local fíxose eco de situacións provocadas por gatos que, supostamente, “campan ás súas anchas por Lugo” e que mesmo chegaron a rabuñar un viandante.” (Silvia López: Lugo Xornal.gal, 7-8-2019)

“Carlos, Loli e Braulio rin, mais a cousa non é de risa. Larafuzas ten moi malas pulgas e, como se enfade, vainos rabuñar.” (Pepe Carreiro: Arousa Norte – Os Bolechas, guías, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.