racionalismo

Doutrina filosófica que fundamenta na razón o coñecemento da realidade.

Etimoloxía

Derivado creado sobre o substantivo razón que xorde do latín ratio, –onis 'razoamento'.

Exemplos *

"A finais do século XVIII, cando aínda o racionalismo da Ilustración estaba en pleno auxe na maioría dos países europeos, xorde en literatura a obra de Rousseau, cunha exaltación do sentimento fronte á razón." (Francisco Díaz-Fierro Viqueira: A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura 1750-1972)

"Descartes, pai do racionalismo e, xa que logo, avó da revolución." (Francisco Sampedro: A aristocracia imposíbel: O discurso político de Nietzsche)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.