racismo

Teoría que sostén a superioridade dunha raza e o seu dereito a dominar as outras razas.

Etimoloxía

Deriva de raza, que se puido tomar do italiano razza, sobre a que non hai unanimidade en canto á procedencia.

Exemplos *

"… sabía que no mundo existe o racismo, que é cando a xente de distinta cor malla nos outros …" (Carlos Vila Sexto: Cara á fin da luz)

"No nivel de produción actual, cunha boa repartición dos recursos, poderíanse atinxir sociedades máis igualitarias, pero a avaricia, a corrupción, a guerra, a tortura, a misoxinia, o racismo, o abuso sexual, a explotación, a mentalidade criminal… impiden que o mundo sexa máis habitable e harmónico." (María Xosé Queizán: Anti natura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.