Embarcación pesqueira de popa arredondada, que nun principio era a remo e vela e logo se adaptou para ser de motor
Etimoloxía
Crese que é unha denominación creada a partir da admiración que se tiña a un artista xaponés chamado Raku.
Exemplos *
“Xa non, as podentes lanchas xeiteiras, de duas proas, a vela e remo, con vinte homes a bordo. Nin o racú, de proa e popa, máis longo e mariñeiro que a lancha. Barcos para sempre perdidos no museo popular da lembranza dos vellos.” (X.L. Méndez Ferrín: Antón e os inocentes, 1976)
“Os galeóns da luzada de Vilanova botan a proa por riba da punta do Campelo. Lanchas e racús de Rianxo volven do xeito da sardiña polo Chazo e outros andan á rapeta cruzándose cos tarrafeiros de cabo da Cruz camiño de Sálvora.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


