Persoa que amosa beleza, alegría ou felicidade en grao elevado.
Etimoloxía
Tomouse do latín, do participio de presente radians, antis, do verbo radiare ‘brillar’
Exemplos *
"Carlos contoume, radiante de satisfacción, que aumentara a súa colección cunhas plantas crasas." (Úrsula Heinze: Culpable de asasinato)
"Recoñeceuno nada máis velo e achegouse a el co rostro radiante, emanando unha felicidade que, nun primeiro instante, Toni non soubo se entender como real ou finxida …" (Manuel Forcadela: Fóra de xogo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


