Aparello electrónico constituído por un receptor de radio, un reprodutor de casetes e unha gravadora
Etimoloxía
Palabra formada por “radio” que é froito de acurtar a voz “radiodifusión” amalgamada con “casete” que é tomada do francés cassette.
Exemplos *
“Recordo xa de adolescente quedar ata as tantas da madrugada escoitando a radio. E despois, na facultade, chegar tarde á clase polas mañás porque non podía despegarme da radiocasete.” (Marta Pazos: X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico 2016 [prólogo], 2017)
“Fóra dun dos bares, sentados en cadansúa cadeira na beirarrúa, uns mozos bebían cervexa e conversaban coa música dunha radiocasete de fondo.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


