radiodifusión

Transmisión de programas por medio de ondas hertzianas que son captadas por aparellos receptores.

Etimoloxía

Palabra composta froito da unión do elemento radio- 'radiación' con difusión.

Exemplos *

"Pero o programa estelar da radiodifusión galega na América é "Sempre en Galiza", que cos seus 30 minutos de duración chega ós oídos dos galegos de ámbalas márxes do Prata dende 1950, a través de Radio Carve de Montevideo." (Carlos Sixirei Paredes: A emigración)

"Ademais dos mitins e dos carteis tradicionais, fíxose amplo uso da radiodifusión." (Argimiro Rojo Salgado: O galeguismo a través dos seus textos e documentos políticos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.