Médica especialista en radioloxía
Etimoloxía
Termo neolóxico tomado do inglés resultante de combinar a voz latina radium ‘raio’ e a grega -log(o)- 'especialista en'.
Exemplos *
“Caballero puxo en valor a “profesionalidade e o gran coñecemento” co que as radiólogas e os radiólogos do hospital desempeñan o seu traballo.” (Redacción: https://xornal.vigo.org/, 5-11-2025) [visto: 21-1-2026]
“A radióloga (...) Claudia Henschke afirmou recentemente en Pamplona que a supervivencia en cancro de pulmón aumentaría ata o 90 por cento dos casos ós dez anos do diagnóstico, coa aplicación dun TAC (escáner) anual na poboación de risco..” (Redacción: Galicia Hoxe, 31-3-2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


