Instrumento receptor de ondas electromagnéticas, empregado en radioastronomía para detectar as ondas de radio de orixe celeste
Etimoloxía
Voz que se forma, por unha banda, con “radio-“ que nos leva ao francés radio-, e este lévanos ao latín radius 'raio'. e o cultismo “telescopio” que xorde do latín da ciencia telescopium, que se inspira no grego tēleskópos 'que mira lonxe'.
Exemplos *
“Inspirados polo dato, os dous puxeron en marcha a idea do proxecto SETI, de busca de intelixencia extraterrestre: emitir sinais dende potentes radiotelescopios ao espazo aberto e tamén escoitar todo o que nos chegase.” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira, 2011)
“Agora os astrónomos están tratando de recompoñer eses datos a partir das ondas captadas por unha rede de 18 radiotelescopios situados arredor do mundo.” (Xurxo Mariño Alfonso: Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


