Elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio. O seu símbolo é Rn.
Etimoloxía
O nome procede do latín radium, a partir do verbo radiare 'irradiar'.
Exemplos *
"… a saudade é unha carencia de radon no ar (e bendito radon se acaba dunha vez por todas coa ditadura da saudade na poesía nosa) …" (Manuel Solleiro: Dz ou o libro do esperma)
"Pero logo está o problema do radon, a radiación que provoca tanto granito." (Galicia Hoxe 28-02-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.