Guiso de carne que adoita ir acompañado de verduras
Etimoloxía
Adaptación do termo culinario francés ragoût.
Exemplos *
“Así, de peixe queda co rodaballo asado, con crema de tubérculos e ragú de touciño ibérico. A el sucederalle rabo de boi estufado con ñoqui de queixo e pataca e perlas de trigo.” (E.P.: Galicia Confidencial, 18-12-2016)
“Empezaron con caranguexo de Maryland e chourizo con verduras de temporada seguido dun filete de bisonte cuberto con pebidas de cabaza servido con puré de pataca ó chile poboano e ragú de fabas e cogomelos con prebe de mazá e o forte chile chipotle.” (Xosé Martínez Couselo: O Correo Galego, 3-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.