raíña

Peza do xadrez, segunda en importancia despois do rei

Etimoloxía

Termo creado pola imaxe que se lle outorga á peza do xogo, o dunha raíña, que vén do latín regina de significado semellante.

Exemplos *

“Apañou á presa a moeda e gardouna no peto da blusa. Seguiu a rutina diaria de deixar o taboleiro preparado para o día seguinte. A pel reseca e extremadamente sensual dos dedos osudos e brancos acariñou a raíña negra, e centrou a súa posición no cadro correspondente.” (David Pérez Iglesias: Estación Término / O xogador, 1993)

“Aí está o cabalo negro, absolutamente inmóbil, agora si semella inofensivo, un sacrificio que a raíña branca ten que aceptar. Semella que as brancas teñen a partida gañada, teñen cando menos as táboas, ¡veña, raíña branca!, Xabier fai forza con todo o seu pensamento, ¡move xa!, ¡non teñas medo!” (Manuel Seixas: A velocidade do frío, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.