Liña recta que vai desde o centro dunha circunferencia a calquera punto dela, ou desde o centro dunha esfera a calquera punto da súa superficie.
Etimoloxía
Procede da palabra latina raius, -i, que denominaba tanto os da roda coma os de luz.
Exemplos *
"… amósanos nun debuxo para a ilustración do libro A divina proporción o número áureo, dividindo a altura do home (lado do cadrado) entre a distancia do embigo á punta da man (raio da circunferencia)." (Xesús Corbacho: O euro e a construción europea)
"… leva unha roda de catorce raios, dun metro de diámetro …" (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.