Intervalo breve de sol nun día chuvioso
Etimoloxía
Creación sobre “raio” e este do latín radius 'raio'.
Exemplos *
“Cando abriu a porta da rúa, unha raiola coábase por entre as nubes cargadas.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)
“Vén a chover e axiña abocaña, a raxeira, a raiola, para que asome o gromo da vida, pero tamén da morte.” (Manuel Vidal Villaverde: O Correo Galego, 16-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.