rama

Parte dunha planta que sae directamente do tronco e que á súa vez se divide noutras partes máis pequenas e delgadas.

Etimoloxía

Deriva de ramo, do latín ramus, -i, e acabouno substituíndo co sentido de 'póla'.

Exemplos *

"… envoltos os cazadores en ramas, coma se fosen disfrazados de maios, ata que as aves pousan a tiro." (Bieito Iglesias: Pan e coitelo. Novela moi moral)

"O día de San Xoán as mozas saen de mañanciña a apañar ramas de sabugueiro para as chantar nos campos de liño e pólas nas ventás da casa, co fin de defendela das meigas." (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.