División dunha estrada, dunha vía de ferrocarril etc., para comunicar unha localidade cunha vía principal
Etimoloxía
Voz derivada sobre “rama” que, á súa vez, bebe no vocábulo latino ramum.
Exemplos *
“Viñeramos pola autoestrada en caravana desde Compostela, para tirar cara a Sanxenxo e desviarnos no ramal que vai a Ribadumia e Cambados. Pat e o Sugar ían no alugado, Poncio na Nissan Primastar, eu no Audi.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)
“A da esquerda, que chega a Catoira por Cordeiro, terá ramal cara a Valga. A da dereita, máis cumprida e longa, que chega á Vacariza por Lestrobe e por Laíño, desde a veiga de Padrón subirá polo Sar arriba, deica case a Amaía.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


