Bosque de árbores pequenas e de arbustos
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “ramallo” e esta sobre “ramo” que vén do equivalente latino ramum.
Exemplos *
“Alí estaba Adosinda, horrorizada. Alí Adosinda e Mumadona (...), prostradas beira da auga frouxa que canta entre a ramalleira, no límite do deserto da Chaira de Amoroce.” (X.L. Méndez Ferrín: Arraianos, 1991)
“Pensei que me apreixaban acolá en Illó Escuro, seguíronme tres ata o fondal da fraga e despisteinos no corazón mesmo da ramalleira. A penas podía respirar (...), o vento que zoaba abritado, as súas propias voces tan de preto....” (Antón Castro: Vida e morte das baleas, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


