Póla pequena con follas, cortada dunha árbore ou arbusto
Etimoloxía
Palabra derivada sobre estoutra “ramo” que vén do latín ramu de significado semellante.
Exemplos *
“Non Follas novas; ramallo/ de toxos e silvas sós: / irtas, como as miñas penas; / feras, como a miña dor.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
“Ben doado é atopar un ramallo de loureiro pendurado na cociña de calquera lar, ligado dende décadas ao mollo básico de aquel guiso que se preste, de todo prato de marisco fresco das nosas rías.” (María Xosé Castro e Gemma Pérez: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 1-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.