Cadeira feita normalmente de madeiras lixeiras, con brazos e respaldo, que se apoia no chan en dúas barras en forma de arco, polo que pode ser arrandeada.
Etimoloxía
Xorde desde o verbo randear de orixe incerta.
Exemplos *
"Unha tarde de maio, en Sacardebois, o meu avó estaba a bambearse na randeeira da galería que mira ao río Sil." (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra)
"A pesar de todo, eu prefería a radio: deitábame na randeeira e, mentres se desfacían as voces dos locutores de deportes na madrugada, soñaba que viaxaba por capitais europeas onde ía celebrarse unha final continental con Mazzol Sisti ou Riva." (Antón Castro: Vida e morte das baleas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.